Abrumador apoio ao informe de xestión na Asemblea Nacional do BNG

Abrumador apoio ao informe de xestión na Asemblea Nacional do BNG
asemblea bng
asemblea bng  
@s militantes presentes na XIV Asemblea Nacional do BNG deron un apoio sen fendas e abrumador ao informe de xestión do Consello Nacional saínte. O informe tivo 1.098 votos a favor, 118 en contra e 58 abstencións. Tamén rexeitaron por unha maioría amplísima (901 fronte a 137) o voto particular formulado por Abrente.

O informe de xestión presentado polo Consello Nacional saínte obtivo un abrumador apoio da militancia do BNG presente na XIV Asemblea Nacional que, ao longo deste domingo, está a decorrer no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela. O informe tivo só 118 votos en contra, por 1.098 a prol e 58 abstencións. @s presentes tamén rexeitaron o voto particular formulado por Abrente ao relatorio político. Este voto tivo 137 votos a favor por 901 en contra e 15 abstencións.

En dito informe sinalouse que o BNG "enarborou unha alternativa política baseada na soberanía, na mudanza radical das políticas económicas e na saída social á crise", alén de ser o BNG a única forza política actuante en Galiza que "puxo o acento na importancia que ten o logro da soberanía para a resolución dos nosos problemas colectivos". Aliás, a fronte nacionalista indica que mantivo "unha contundente oposición ás políticas económicas que provocaron e agravan a crise económica".