As ANPAS Galegas presentan as súas achegas para a reforma da lei Wert

As ANPAS Galegas presentan as súas achegas para a reforma da lei Wert
Fernando Lacaci, vicepresidente Confederación das Anpas Galegas
Fernando Lacaci, vicepresidente Confederación das Anpas Galegas  

Piden unha educación gratuíta, un título único para a ESO, o recoñecemento da diversidade do estado español e a retirada íntegra de calquera relixión das aulas.

 


O goberno socialista pretende a reforma da actual lei de Educación, a LOMCE, recuperando aspectos da LOE, aprobada polo PSOE no 2006. Coinciden coas peticións da Confederación de ANPAS Galegas eliminar os itinerarios educativos, a recuperación como materia obrigatoria de Educación para a Cidadanía, a regulación da lingua vehicular dende as comunidades autónomas e recuperar as competencias do Consello Escolar coma o máximo órgano de goberno do centro escolar.

Demandan "un sistema educativo no que todo o alumnado teña acceso en condicións de igualdade a unha educación pública, democrática, inclusiva e de calidade que contribúa a construír unha sociedade xusta, integrada por persoas informadas e formadas".

Aínda así, o executivo de Pedro Sánchez, formula que a materia de relixión non sexa avaliable mentres que a Confederación pide a súa eliminación total. Alén diso, as ANPAS consideran alicerces fundamentais a descentralización do sistema educativo, favorecendo no alumnado a relación coa súa cultura de pertenza; a educación para a igualdade, a paz e o medio ambiente e a gratuidade do ensino dende os 0 anos.

As súas peticións baséanse, como explican nas súas achegas, “ nunha aprendizaxe na escola dirixida a formar persoas autónomas, críticas, optimistas, responsábeis, con pensamento propio e que teñan soños e talentos diversos, respectando a súa autorregulación e o xogo como medio idóneo de aprendizaxe”.



x