Ada Colau rectifica e di agora que Madrid ten que ser unha capital aliada de Catalunya

Ada Colau rectifica e di agora que Madrid ten que ser unha capital aliada de Catalunya
(Imaxe: Podemos Andalucía)
(Imaxe: Podemos Andalucía)  

A alcaldesa de Barcelona matiza as súas palabras durante un mitin de Podemos onde afirmou que “Madrid pode volver a ser a nosa capital”. 



Ada Colau sae ao paso das críticas por afirmar nun mitin de Podemos que “Madrid pode volver a ser a nosa capital”. A alcaldesa de Barcelona matizou horas despois que “obviamente Barcelona é a capital de Catalunya e Madrid a capital do Estado”. 

A rexedora considerou que “a mellor noticia despois do 20D é que podamos ter unha capital do Estado que sexa aliada de Catalunya”. Colau mostrouse “sorprendida” pola polémica xerada ao redor das declaracións.

Aliás, dixo non entender que as forzas soberanistas “se poñan nerviosas”, igual que PP e Ciudadanos, cando a súa alianza electoral  “defende o dereito a decidir e o referendo en Catalunya, como están facendo Podemos e Pablo Iglesias, como non fai ningunha candidatura estatal con posibilidades reais de gañar”.

A alcaldesa de Barcelona explicou nun mitin en Lleida que se referiu a Madrid “como a capital da xente, do cambio, da fraternidade e a capital que defende a plurinacionalidade do Estado”.