Ana Miranda alporiza o PP ao cualificar en Buxelas a Junqueras como “preso político”

Ana Miranda alporiza o PP ao cualificar en Buxelas a Junqueras como “preso político”

A eurodeputada do BNG instou esta segunda feira ao Europarlamento a se preocupar pola situación de Oriol Junqueras, exeurodeputado e exvicepresidente catalán, actualmente en prisión acusado de rebelión e sedición e a quen cualificou como “preso político”. Unha intervención que anoxou as bancadas dos representantes do PP español.

 

Carlos Iturgaiz, deputado en Bruxelas, tomou a palabra para retrucar a Miranda, afirmando que “non hai presos políticos, hai delincuentes golpistas como o que vostede cita. Debeu de ter un lapsus mental”. O popular insistiu en que o stado español "é unha democracia" e que nela non hai "presos políticos".



x