![Ana Pontón, esta segunda feira 24X [Foto: BNG] Ana Pontón, esta segunda feira 24X [Foto: BNG]](/media/sermosgaliza/images/2019/06/24/2019062413225365721.jpg)
As declaracións realizadas por Ana Pontón após a detención de presuntos integrantes de Resistencia Galega foron duramente criticadas polo PP, cuxo secretario xeral, Miguel Tellado, instou a líder nacionalista a que explicase "cales son os vínculos ou afectividades do BNG con RG". Ante os dardos do PP, Pontón respondeu esta segunda feira con contundencia: "Se alguén neste país tivo morneza con comportamentos delictivos é o PP". "Quero lembrar que temos un presidente que durante anos foi amigo dun narcotraficante [Marcial Dorado]", dixo.