VISITA A JUNQUERAS DE BEIRAS E SÁNCHEZ

Anova leva á prisión de Lledoners a súa “solidariedade” cos dirixentes encarcerados

Anova leva á prisión de Lledoners a súa “solidariedade” cos dirixentes encarcerados
Antón Sánchez e Beiras na prisión de Lledoners. Foto: Anova.
Antón Sánchez e Beiras na prisión de Lledoners. Foto: Anova.  

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, e Xosé Manuel Beiras visitaeron esta segunda feira 10 de decembro os presos políticos cataláns Oriol Junqueras e Jordi Cuixart, encarcerados na prisión de Lledoners (Barcelona).
 


“Quixemos trasladar a nosa solidariedade co conxunto dos presos políticos e exiliados cataláns”, sinalou a organización nun comunicado de prensa, “e analizar o actual momento político, marcado pola xudicialización do proceso catalán e o auxe da ultradereita no Estado español”.

Segundo explica a dirección de Anova, Sánchez e Beiras coñeceron “de primeira man” a situación dos presos políticos nas cadeas e “como estaban a ser abordados os recursos legais para rematar canto antes con esta situación de excepcionalidade”.

“Vivimos un momento complexo no Estado español”, considera o partido nacionalista integrado en En Marea, “onde a coalición do 155 e a resposta autoritaria ao desafío cemocrático posto en marcha pola cidadanía catalá abriron a porta a ultradereita. Isto é unha mudanza relevante do escenario político”.