Antón Sanchez considera que “toca repensar o papel de Anova”

Antón Sanchez considera que “toca repensar o papel de Anova”
Antón Sánchez. Foto: Irene Pin
Antón Sánchez. Foto: Irene Pin  

Avoga por consolidar o paso dado ao facer de En Marea un partido instrumental, un "lugar no que todo o mundo poda participar"


O coordinador de Anova e viceportavoz parlamentar de En Marea, Antón Sánchez, considera que após dous anos con catro eleccións “toca repensar o papel de Anova dentro do espazo popular de En Marea”, así como proceder a unha “renovación de textos e dirección”. Sánchez realizou estas declaracións a Europa Press após participar nun acto na Coruña dentro das 'xeiras' que o partido está a realizar por Galiza. Uns encontros nos que se procura a “reflexión e o debate” sobre un documento político que irá á Conferencia Política, que se prevé que teña lugar en decembro, previa á III Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista.

Nesas declaracións, Sánchez aposta nunha “renovación para continuar sendo útil” na construción “do suxeito político do espazo de ruptura en Galiza”. Nesta liña, entende que considerar En Marea como un partido instrumental e abrir a porta á militancia individual foi “un paso adiante”. É fundamental, sostén, permitir canles de participación a calquera persoa en Galiza aínda que non teña adscrición partidaria. Incide na "importancia" de "consolidar o paso dado en En Marea" e facer da mesma "un lugar onde todo o mundo poida participar".