Antón Sánchez pon o dedo na “neglixencia” de Feixoo no problema das Pontes

Antón Sánchez pon o dedo na “neglixencia” de Feixoo no problema das Pontes

O deputado reuniuse cos transportistas afectados pola decisión de acelerar o feche da central térmica.

 


O feche da central das Pontes non é só responsabilidade da empresa, a multinacional Enel, propietaria de Endesa, senón que hai unha importante “irresponsabilidade” dos gobernos galego e español por non ter “previsto un plan de transición enerxética xusto que ofrecese solucións laborais e económicas para a xente, para a comarca de Ferrolterra e para Galiza". Esta é o posicionamento que trasladou na mañá deste sábado o deputado do Grupo Común da Esquerda e portavoz de Anova Antón Sánchez aos transportistas da central das Pontes.

O portavoz do Grupo Común da Esquerda criticou o presidente da Xunta, ao que acusou de "andar desviando a atención con palabrería oca que non tapa a súa neglixencia neste asunto".

Sánchez instou Núñez Feixoo a que deixe de desviar a atención das súas responsabilidades: "Ten que poñerse a traballar con Endesa e co Goberno do Estado en solucións de futuro e sostíbeis para As Pontes, así como en solucións a curto prazo para colectivos como o dos transportistas, que están pendendo dun fío porque levan cinco meses pagando as letras dos seus investimentos sen teren ningún ingreso"-