O ascenso do BNG posibilita que a esquerda reteña Lugo

O ascenso do BNG posibilita que a esquerda reteña Lugo
A alcaldesa Lara Méndez vota este 26 de maio en Lugo. Foto: PSdeG.
A alcaldesa Lara Méndez vota este 26 de maio en Lugo. Foto: PSdeG.  

O ascenso do BNG, que pasa de dous a cinco edís e medra sete puntos porcentuais, posibilitará que a esquerda manteña a alcadía de Lugo. O Partido Socialista da actual alcaldesa Lara Méndez retrocede lixeiramente en voto pero mantén os oito concelleiros.
 


A suma das dez cadeiras para o Partido Popular -que subiu unha- e dúas para Ciudadanos -as mesmas que xa tiñan- quedan a unha da maioría absoluta. Pero a sopresa da noite electoral foron os nacionalistas liderados por Rubén Arroxo, que ocuparon todo o espazo á esquerda do PSdeG.

As outras dúas listas de esquerda até agora presentes na corporación, a marea villarista Lugo Novo e a Alternativa Cidadá de Esquerda -pacto de Esquerda Unida e Equo-, desaparecen. Tampouco obtén representación Podemos, que tiña candidatura propia.