Baltar blinda de policía a Deputación de Ourense e négase a falar da denuncia de acoso

Baltar blinda de policía a Deputación de Ourense e négase a falar da denuncia de acoso
[Imaxe Deputación de Ourense]
[Imaxe Deputación de Ourense]  

BNG e PSdeG avanzan que presentarán senllas denuncias. 


Esta sexta feira (27 de novembro) o edificio da Deputación Provincial de Ourense amenceu blindado pola policía. Axentes que seguían instrucións do presidente, José Manuel Baltar, e que impediron o acceso de diversas persoas ao salón de plenos. Ora ben, non de todas. 

O interese suscitado pola denuncia presentada contra o mandatario provincial por ofrecer traballo a cambio de sexo e a recente demisión do conxunto do Comité de Ética provincial, motivou a presenza da veciñanza mais tamén da candidata de NÓS por Ourense, Noa Presas, e responsábeis institucións do PSdeG que non puideron pasar da porta. 

 

Na mañá de hoxe, Noa Presas, e varias persoas vencelladas a Nós Candidatura Galega tíñamos previsto asistir ao Pleno da...

Posted by NÓS, Candidatura Galega, Ourense on Venres, 27 de Novembro de 2015

Baltar négase a falar e dar explicacións, mesmo a escoitar semella após o acontecido hoxe na sesión plenaria. 

BNG acusa o PP de "usar a Deputación de Ourense en beneficio propio"

Pola súa banda, as forzas da oposición (BNG, PSdeG e Democracia Ourensana) decidiron, perante os acontecementos, empregar as súas quendas de intervención para denunciar a bunkerización da institución e lembrarlle ao grupo do PP que "esta non é a súa casa" senón "a dos veciños de Ourense". Destarte, BNG e PSdeG avanzaron que presentarán senllas denuncias contra o presidente do goberno provincial. Aliás, algunhas das persoas ás que lles foi vetado o acceso esta sexta feira xa rexistraron queixas administrativas através do rexistro da Deputación. 

Unha situación "intolerábel", así considerou o portavoz do BNG na Deputación, Ramiro Rodríguez Suárez, por se ter "coartado" o "acceso libre". "Nestas circunstancias non imos participar nesta sesión", sinalou Rodríguez Suárez após acusar José Manuel Baltar e o PP de "usar en beneficio propio" a institución. 

PSdeG: "Cren que a democracia é súa"

O voceiro nacionalista avandonou o seu escano para se pór "dese lado" dixo sinalando as bancadas veciñais. 

Da mesma maneira o voceiro socialista, José Ignacio Gómez Pérez, chamou "abusóns" @s [email protected] do PP. "Cren que a democracia é súa?", preguntou de maneira retórica pois, por máis que o tentou, non conseguíu resposta ningunha por parte do preside te Deputación.

Gómez Pérez asegurou que a situación que "levamos 2 meses agunatando" é "intolerábel" e advertíu ao Partido Popular que "por feitos semellantes" hai "cargos públicos inhabilitados".