As bases de Galicia en Común dan un apoio rotundo ao pacto de goberno de Unidas Podemos co PSOE

As bases de Galicia en Común dan un apoio rotundo ao pacto de goberno de Unidas Podemos co PSOE

96,81% dos votos a favor. Participaron un total de 7.358 persoas do censo de inscritas.


Sen marxe para a máis mínima dúbida: as bases de Galicia en Común que participaron na consulta sobre o acordo de goberno de PSOE e Unidas Podemos deron un apoio case unánime ao pacto.

Das 7.358 persoas que tomaron parte nesta consulta feita a través de votación telemática, 7.141 dixeron si ao acordo (96,8%) por 199 (2,7%) que se posicionaron en contra.

“Os resultados da consulta marcan unha liña clara que aposta por un Goberno progresista no que En Común teña un papel decisivo, para defender as políticas das maiorías sociais deste país”, indican desde a organización.