Beiras abre a porta á confluencia de Anova con outros proxectos

Beiras abre a porta á confluencia de Anova con outros proxectos
Foto: @terevilas
Foto: @terevilas  
Nunha mensaxe con Compromiso por Galicia como claro destinatario, o voceiro de Anova-Irmandade Nacionalista mostrouse partidario de "confluencias"

Xosé Manuel Beiras compareceu por primeira vez ante os medios en calidade de voceiro nacional de Anova-Irmandade Nacionalistade xullo. Unha comparecencia na que o veterano nacionalista abordou desde o panorama político e electoral (e nomeadamente o do escenario nacionalista) até os actos de cara ao 25 de Xullo, Día da Patria Galega.

Beiras mostrou a súa confianza en que poida darse unha confluenza de Anova con outros proxectos que están a agromar, en referencia a Compromiso por Galicia, de cara a un "novo proxecto común" e salientando mesmo que durante o proceso de construción de Irmandade Nacionalista mantivéronse contactos con esas outras opcións. Ora ben, o voceiro de Anova evitou pronunciarse sobre unha posíbel alianza electoral entre as dúas organziacións, pois esa decisión correspondería á asemblea de militantes de Anova.

Chamada a participar en todos os actos do 25

Se ben Anova realizará este 25 de xullo un acto político propio na composteá Praza de Mazarelos, que terá continuidade nun evento máis "festeiro" no parque de Belvís, Xosé Manuel Beiras fixo unha "exhortación a todos os actos diversos do Día da Patria, e nesa diversidade (de actos) que cada quen participe segundo o seu criterio".