Bescansa, cabeza de lista de Más País pola Coruña

Bescansa, cabeza de lista de Más País pola Coruña
Carolina Bescansa será a número un do partido de Íñigo Errejón pola circunscrición da Coruña.

Carolina Bescansa será a cabeza de lista de Más País, a marca electoral de Más Madrid, o novo partido de Íñigo Errejón, pola circunscrición da Coruña nas eleccións estatais do 10 de novembro. A ex deputada e fundadora de Podemos non participara de ningunha candidatura nos comicios de abril.

Bescansa medíranse ante Antón Gómez Reino no outono de 2018 nas eleccións convocadas por Podemos na Galiza. Finalmente conseguira máis apoios o coruñés, que recuncará como candidato de Unidas-Podemos, que se presenta baixo a marca Galicia en Común na mesma circunscrición que a súa ex compañeira de partido.

O prazo para a presentación de candidaturas ás eleccións estatais conclúe o próximo día 7.