Besteiro di que o PSOE fará ''unha aposta decidida'' nas políticas de emprego

Besteiro di que o PSOE fará ''unha aposta decidida'' nas políticas de emprego
[Imaxe: flickr PSOE]
[Imaxe: flickr PSOE]  

Nunha xuntanza con [email protected] e [email protected] deste partido para avaliar os dous anos de Rajoy á fronte do Goberno español, o líder do PSdG-PSOE concluíu que "España está peor e Galiza moito peor".



"España está peor que hai dous anos e Galiza moito peor". É a conclusión que o PSdG-PSOE tirou este sábado na xuntanza realizada en Compostela en que @s [email protected] e [email protected] da formación fixeron balance dos dous anos de Mariano Rajoy á fronte do Goberno español. Foi o líder [email protected] socialistas [email protected], José Ramón Gómez Besteiro, quen explicou perante os medios de comunicación as liñas tiradas do encontro.

Cunhas cifras de desemprego que medraron nese tempo un 20% no noso País e un número de fogares con [email protected] @s integrantes sen traballo remunerado que brinca por riba dos 89.000, considerou Besteiro que "as xeracións futuras fican condenadas a pagar a débeda que está a xerar Feijóo". As políticas promovidas polo PP desde Madrid e desde a Xunta "contradín" o lema 'Menos paro, menos impostos' con que este partido se presentou ás eleccións hai dous anos, dixo o socialista. 

Ao fío, o PSOE marcou a folla de ruta a emprender de aquí en diante e que pasa por unha "aposta decidida" no emprego para a mocidade e para as persoas que están a ficar excluídas polo sistema. Aliás, Besteiro falou tamén de "impulsar a reindustrialización" e de "apoiar os emprendedores", para alén de "defender os intereses da Galiza na distribución das axudas" da Política agraria común, a PAC.