Gómez Besteiro non descarta primarias e listas abertas no PSdeG

Gómez Besteiro non descarta primarias e listas abertas no PSdeG
No discurso do Comité provincial de Lugo, o actual secretario provincial apostou por unha "folla de ruta propia" e deixou aberta a posibilidade de que @ [email protected] [email protected] xeral do seu partido poda saír dunha votación a través de "primarias" e mesmo con "listas abertas".

O comité provincial do PSdeG de Lugo deu as primeiras sorpresas. Diante de 150 persoas, entre delgad[email protected] e [email protected], o seu secretario provincial e presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, comezou expresando o seu “recoñecemento e afecto” ao "compañeiro José López Orozco", alcalde de Lugo e presidente do PSdeG. “Igual que pasou nas anteriores ocasións, e así quedou demostrado, cremos na túa inocencia”, afirmou. Foi autocrítico cos últimos resultados electorais ao recoñecer que foi "culpa de todos". Entre as razóns que apuntou para tan malos resultados está en primeiro lugar "a abstención" froito dunha "desafección" e "falta de credibilidade". Para Gómez Besteiro "a gran maioría destes votantes quedaron na casa, depende de nós que lles ofrezamos algo distinto para recuperar o seu apoio". Segundo o secretario provincial, o PSdeG ten que falar e discutir de todo "desde socialdemocracia até o 15-M".

Para Gómez Besteiro "a gran maioría destes votantes quedaron na casa, depende de nós que lles ofrezamos algo distinto para recuperar o seu apoio"

No mesmo discurso abriu a posibilidade de que o seu partido elixa ao secretario xeral en Galiza a través de "primarias". Deixou clara que a súa opción era a de que "o secretario xeral teña que ser elixido polo voto dos militantes" e sinalou que, neste caso, a propia militancia ten que ser "consciente cando haxa bicefalias".

Ao redor das listas abertas e circunscricións únicas apuntou que "hai que falar do que nós queremos e tamén do que a xente quere do noso partido". En todo caso apostou pola "unidade" no traballo para "facer partido". Sobre os principios fundacionais do PSOE asegurou que "están moi presentes" e non caer no discurso da resignación e o sufrimento "que a dereita quere meternos na cabeza".