Besteiro sitúa o PSOE como o único “voto útil” para garantir as infraestruturas galegas

Besteiro sitúa o PSOE como o único “voto útil” para garantir as infraestruturas galegas
(Imaxe: PSdeG)
(Imaxe: PSdeG)  

O barón socialista salientou que a media anual de investimentos ascendía a 2.000 millóns durante a segunda lexislatura de Zapatero, fronte aos 600 millóns durante o goberno de Rajoy.



O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu en Lugo esta segunda feira o voto para o PSOE como único “voto útil” para recuperar os investimentos en infraestruturas para Galiza. Besteiro asegurou que o PP “dinamitou” as partidas mentres que “os seus aliados”, en referencia a Ciudadanos, non apoian o investimento en infraestruturas. 

O líder dos socialistas galegos salientou que a media anual de investimentos ascendía a 2.000 millóns durante a segunda lexislatura de Zapatero, fronte aos 600 millóns durante o goberno de Rajoy. "Para esta provincia, e para as outras, supoñen definitivamente perder o tren", destacou.

Besteiro recordou nese sentido que “a primeira promesa” do PP en campaña, a aposta polo AVE a Galiza foi precisamente “o primeiro incumprimento” de Rajoy cando chegou á Moncloa. O secretario xeral do PSdeG chamou á cidadanía a votar tendo en conta “que se compromete e quen non” coa infraestruturas galegas.