COMISIÓN POLO SINISTRO DE ANGROIS

Blanco e Pastor negan calquera responsabilidade no accidente do Alvia en Angrois

Blanco e Pastor negan calquera responsabilidade no accidente do Alvia en Angrois

Os exministros de Fomento compareceron no Congreso mentres ás portas da Cámara protestaban vitimas do sinistro que o 24 de xullo de 2013 deixou 81 persoas mortas e 144 feridas. José Blanco negou un "pacto de silencio" co PP e recoñece "arrepentirse" de non ter aceptado a comisión de investigación nun primeiro momento.


O exministro de Fomento e eurodeputado do PSOE José Blanco compareceu esta segunda feira na comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois que se desenvolve no Congreso cunha idea clara: negar responsabilidade algunha en decisións (ERTMS, adianto na inauguración da liña) que puidesen estar relacionadas co sinistro ferroviario de xullo de 2013 que deixou 81 persoas mortas e 144 falecidas. A tamén exministra de Fomento Ana Pastor compareceu co mesmo obxectivo. Ás portas da Cámara onde decorrían ambas as dúas comparecencias, vítimas do sinistro exixían saber "a verdade" e a asunción de responsabilidades.


Blanco negou que como ministro quixese cambiar, altertar ou mofificar a data establecida de inauguración do traxecto onde finalmente tivo lugar o sinistro para adecuala a intereses electorais ou partidistas. O calendario de prazos para esta liña de alta velocidade, dixo, estaba fixado antes de ser el ministro. O exministro tamén se desvinculou de calquer decisión sobre a seguridade da vía, nomeadamente a refrente ao ERTMS. "Non tiven coñecemento" sobre a modificación deste sistema de seguridade, dixo, un sistema que, de dispoñer del o tren como se prevía nun principio, podería evitar o accidente segundo opinan expertos.

VITIMAS ALVOA ANGROIS

Na quenda de preguntas, Alexandra Fernández (En Marea) tentou que Blanco respondese ao que a deputada cualificaba como "a proba do algodón": "Cre que de ter o ERTMS habería máis probabilidades de que o tren non pasase a máis de 80 quilómetros por hora por aquela curva?". Gabriel Rufián (ERC), lamentou que, como despois tamén  lle reprochou o independentista a Ana Pastor, dera a impresión de que ambos os dous "fosen 'ujieres' no Ministerio" no canto de ministros. Rufián mostrou a súa sorpresa polo feito de que tanto Blanco como Pastor derivasen responsabilidades cara a outros estamentos. 

Pilar Cancela (PSOE) preguntou o exministro socialista se había pacto de silencio sobre este accidente co PP e tamén se presionara Adif ou Renfe para acelerar as obras e os prazos por interess electorais. Ambas as dúas foron, loxiamente, un negadas por Blanco qwue en máis dunha ocasión reprochou a algúns representantes da oposición que fosen á comisión co veredicto xa adoptado.

"Decisións técnicas"

Ana Pastor negou tamén, ao igual que fixera Blanco, calquera responsabilidade sobre a eliminación do ERTMS. "Son decisións técnicas", dixo, apontando que tomalas era competencia dos directores xerais de Seguridade de Renfe e Adif.

A presidenta do Congreso dixo tamén que "nunca din unha instrución para que non se facilitase toda a información" que pedía o xuíz instrutor, negando calquera obstrución. Negou tamén que desde Fomento, canda ela o dirixía, se tentase favorecer un relato no que o accidente ferroviario era responsabilidade única do maquinista.


A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, esixiu que Blanco e Pastor asuman as súas responsabilidades políticas polo incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria. “É lamentábel que despois da apertura de procedemento infracción contra o Estado por parte da Comisión Europea, Blanco no asuma as súas responsabilidades”, dixo.



x