O Bloque exixe a retirada da reforma da lei do aborto cun acto simbólico no Parlamento

O Bloque exixe a retirada da reforma da lei do aborto cun acto simbólico no Parlamento
[Imaxe BNG]
[Imaxe BNG]  

A organización frontista despregou unha faixa perante o Pazo do Hórreo para reclamar que a Cámara "se posicione en contra" da reforma da lei do aborto e pide a retirada do anteproxecto de lei. 


O grupo parlamentar do BNG despregou esta segunda feira unha faixa perante a fachada principal do Pazo do Hórreo para reclamar o rexeitamento da Cámara a respeito da reforma da lei do aborto que prepara o Goberno español. 

A voceira de igualdade e deputada, Carme Adán, asegurou que "é importante" que "o goberno galego, que todo o Parlamento se posicione en contra desa reforma" pois para a fronte nacionalista "non hai pacto posíbel, non hai medida para tentar negociar" no que considerou é "un paso atrás de xigante" nos dereitos "conquistados polas mulleres durante décadas". 

Así, de maneira simbólica @s integrantes do grupo parlamentar do Bloque reclamaron a retirada do anteproxecto de Lei dos dereitos do concibido e da muller grávida, cunha faixa na que se podía ler: En defensa dos dereitos das mulleres, aborto libre e gratuíto.