O BNG aprende da súa experiencia municipal para “transformar o país”

O BNG aprende da súa experiencia municipal para “transformar o país”
Imaxe: Cedida
Imaxe: Cedida  

Responsábeis nacionalistas de goberno en diferentes concellos partillan ideas e experiencias nunhas xornadas en Ames.


Políticas e actuacións en emprego ou cultura; experiencias no diálogo coa veciñanza e relacións co tecido asociativo; avanzos en educación e políticas sociais, compromisos en medio ambiente e lingua... Ao longo da mañá deste sábado responsábeis de goberno nalgúns dos concellos onde o BNG ten responsabilidades partillaron as súas ideas, propostas e experiencias no marco dunhas xornadas do BNG Compostela, 'Somos quen de transformar o país. Exemplos de goberno municipal'.

David Santomil, tenente de alcalde en Ames, Ledicia Santos, alcaldesa de Moaña, Manuel Requeixo, alcalde de Muras e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo foron algúns dos participantes, así como Bieito Lobeira, responsábel de organización do Bloque Nacionalista Galego.

De cara ás municipais de maio, o BNG xa ten sinaldo que o seu obxectivo pasa por "manter as alcaldías e os gobernos que temos e fortalecer a presenza, sobre todo nas cidades”. “Estou convencida de que imos mellorar os resultados”, salientaba nunha conversa con Sermos Galiza Eva Villaverde, coordenadora de Acción Municipal do BNG. 



x