O BNG cre que o acordo do sector lácteo pode supor un "feche en falso" do conflito

O BNG cre que o acordo do sector lácteo pode supor un "feche en falso" do conflito
Alberte Llamazares [Imaxe BNG]
Alberte Llamazares [Imaxe BNG]  

Exixe "medidas concretas" que fixen "prezos de referencia" para garantir a viabilidade das explotacións.


“Queremos prezos dignos para poder seguir mantendo as nosas explotacións, pero tamén o rural deste país”. Esa foi a demanda de Alberte Llamazares, gandeiro de Mazaricos, expresada esta segunda feira na comparecencia de imprensa do BNG. 

A organización frontista pronunciouse a respeito das negociacións que manteñen representantes dos distintos elos da cadea de valor do leite a dous días de que se asine o acordo promovido desde o Ministerio de Agricultura. Neste senso, exixiron a introdución no documento de "medidas concretas" que garantan a viabilidade económica das explotacións fronte a "subas" dos prezos "puntuais". 

Alberte Llamazares explicou que a súa familia percibe "300 euros mensais" mais moitas outras explotacións "non dan chegado a fin de mes", dixo. "Unha tristura", sinalou que foi respostada durante perto de dous meses coa mobilización [email protected] [email protected] 

Porén, desde o Bloque, amosaron a súa preocupación porque o acordo que se asine en Madrid poida supor un "fecha en falso" do conflito. "Non pode ser unha mera solución puntual froito das mobilizacións" senón que debe "consolidarse como situación estrutural" através do desenvolvemento dun "decreto" que fixe as condicións de funcionamento do mercado garantindo a cobertura dos custes de produción e impedindo, entre outras cuestións, a comercialización do leite como produto reclamo. 

“O uso de marcas brancas é un elemento clave na extorsión de prezos da distribución tanto aos produtores como a industria, e supón un engano ao consumidor a que se lle oculta quen é o produtor real”, denunciou o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, quen estivo acompañado pola deputada no Parlamento de Galiza, Tereixa Paz; o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco e o responsábel da Fruga, Manuel Dacal. 

“Imos estar vixiantes para que ese acordo estea á altura das demandas do sector", advirten desde a organización frontista, á fin de impedir, din, que un incumprimento supoña "unha nova frustración nos miles de gandeiros e gandeiras que se manifestaron nas rúas".