O BNG critica os días transcorridos sen retirar o combustíbel do ‘Blue Star’ e avanza que requirirá responsabilidades

O BNG critica os días transcorridos sen retirar o combustíbel do ‘Blue Star’ e avanza que requirirá responsabilidades
¡(Iago Varela)
¡(Iago Varela)  
En Marea esixe que o armador do 'Blue Star' asuma todos os gastos da rescate do barco.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou os días transcorridos desde que o buque ‘Blue Star’ embarrancou na costa de Ares até que se inicia a operación para proceder á retirada o combustíbel que hai no barco, mentres avanzou a demanda de responsabilidades no Parlamento galego e no Congreso.

En rolda de prensa para informar sobre as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta en relación á cidade da Coruña e a preguntas das e dos xornalistas, Pontón asegurou que, nestes casos, "a primeira medida de precaución" debe ser o de "baleirar os depósitos do barco ". "Pasaron moitos días", cuestionou ao respecto.

Por outra banda, ratificou a súa intención de "esixir responsabilidades" no Parlamento galego e no Congreso. Neste sentido, confirmou que a próxima semana debaterase unha iniciativa do BNG na Cámara galega en relación á seguridade nas costas galegas ao considerar que “sangrante”  que continúen "tan desprotexidas como despois do Prestige ".

A portavoz do BNG, ademais de denunciar a "insuficiencia" dos medios públicos nesta área e a "privatización" dos servizos, reclamou unha vez máis as competencias de Salvamento Marítimo para Galiza.

En Marea esixe que o armador do Blue Star asuma todos os gastos da rescate

En Marea considera imprescindíbel retirar o combustíbel que está no barco e, a partir daí, que sexa a empresa resposábel do barco a que asuma os gastos derivados de todas as operacións para retiralo. Tamén é necesario unha nova regulación que evite novas situacións como a deste buque. Luís Villares visitou as inmediacións do 'Blue Star' en compañía de Julio Iglesias, alcalde de Ares.