CONTRATOS CON NAVANTIA E BARRERAS

O BNG esixe que o conselleiro de Industria explique irregularidades en Pemex

O BNG esixe que o conselleiro de Industria explique irregularidades en Pemex
A deputada do BNG e portavoz de industria Noa Presas. Foto: Cedida.
A deputada do BNG e portavoz de industria Noa Presas. Foto: Cedida.  

As irregularidades detectadas nos contratos de Pemex con estaleiros galegos chegarán ao Hórreo. O BNG vén de solicitar a comparecencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde, para que explique que sucede.


Os directivos da petroleira mexicana Emilio Lozoya, Carlos Roa e José Manuel Carrera Panizzo están sendo investigados polo Goberno daquel país. A deputada nacionalista Noa Presas afirmou esta quinta feira que eles tres “foron bendicidos polo Executivo de Feixoo”, quen fixera un enorme exercicio de propaganda a respecto dos mencionados contratos.

Esta semana o Goberno mexicano anunciou que revisaría os contratos de Pemex coas empresas galegas. O Bloque tamén denuncia que “a operación de venda do capital venezolano do estaleiro vigués Barreras ten máis sombras que luces, ademais dun impacto negativo sobre a imaxe do sector naval galego”.

Segundo Noa Presas, Feixoo non avaliou o impacto da operación, máis alá das promesas sen cumprir de contratar 14 remolcadores, dous buques químicos, tres buques tanque, un atuneiro, a construción da flota menor de Pemex ou a base loxística de Punta Langosteira”.