O BNG reclama un investimento do 3% en innovación

O BNG reclama un investimento do 3% en innovación
[Imaxe: BNG] Ana Pontón e Olalla Rodil, con persoal investigador este sábado no Parlamento.
[Imaxe: BNG] Ana Pontón e Olalla Rodil, con persoal investigador este sábado no Parlamento.  
No transcurso dunha xornada organizada polo BNG sobre a I+D+i no Parlamento, Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, anunciou que no Debate de Política Xeral previsto para a próxima semana, as nacionalistas proporán “un pacto galego pola Ciencia e a Innovación co 3% de investimento en I+D+i”. O Bloque tamén pide crear o Instituto de Innovación Galego.

Segundo o Bloque, é necesario facer dende Galiza “unha xestión integra de todos os fondos en I+D+i”, recibidos desde os ámbitos europeo e estatal. Así como acabar “coa precariedade laboral” no ámbito da investigación.

“Temos que apostar por fórmulas que nos permitan captar e reter talentos”, dixo Pontón, e nesa liña está a creación na Galiza dun centro para acoller investigadores e investigadoras en ámbitos estratéxicos. O Instituto de Innovación Galego é o nome que lle dá o Bloque a súa proposta.

Na xornada participaron, o colectivo de investigadores e investigadoras post ou doutorais de Galiza, María de La Fuente, investigadora do SERGAS; Cristina Álvarez, bióloga e xefa da Unidade de Microbioloxía no Intecmar; e Cesar Resch, investigador no ámbito do sector lácteo.

Financiamento 

Por outra parte, ante o anuncio do goberno central para liberar unha parte  da débeda de 700 millóns de euros que o Estado debe a Galiza, a portavoz nacional do BNG afirmou que  único que demostra este anuncio é até que punto “as forzas estatais, tanto PSOE como PP, Ciudadanos e Podemos continúan instalados “na frivolidade”. 

Pontón afirmou que o que está acontecendo evidencia que  actual sistema de financiamento “non lle vai ben a Galiza. “As decisións sobre os nosos recursos”, explicou, “decídense en Madrid e se o Presidente da Xunta quixera  cambiar as cousas o que tería que facer é defender que “a chave dos cartos  dos galegos e galegas a tiveramos aquí”. 

Villares ve "unha táctica preelectoral"

unnamedTamén falou do financiamento este sábado Luís Villares. O líder de En Marea explica que non é "verosímil" que durante meses non houbera "forma legal de transferir diñeiro ás comunidades autónomas e unha vez que se vai as eleccións se encontre esa fórmula". Así explica Luís Villares o anuncio para desbloquear 4.500 millóns de euros con destino ás autonomías que até esta semana parecía imposíbel, e mesmo se converteron para Feixoo nun argumento electoral "co que pretendía protagonizar o debate do estado da nación".

En Marea considera necesaria "unha reforma no mecanismo de financiamento autonómico para que non dependa da situación do goberno central".