O BNG lembra os Mártires de Nebra en Porto do Son

O BNG lembra os Mártires de Nebra en Porto do Son
De esquerda a dereita, a concelleira do BNG Patricia Torrado, o candidato ao Congreso Néstor Rego e o veciño Santi Suárez, no acto en lembranza dos mártires de Nebra. Foto: @rubencela.
De esquerda a dereita, a concelleira do BNG Patricia Torrado, o candidato ao Congreso Néstor Rego e o veciño Santi Suárez, no acto en lembranza dos mártires de Nebra. Foto: @rubencela.  
Cinco mortos e 31 feridos pola Garda Civil o 12 de outubro de 1916: eis o resultado dos sucesos de Nebra, en Porto do Son, que este sábado conmemorou o BNG cun acto no lugar en que interviron o veciño Santi Suárez, a concelleira nacionalista Patricia Torrado e mais o candidato ao Congreso pola Coruña Néstor Rego.

nebra dous“Morte aos caciques, viva a unión de labregos e traballadores”, berraban os campesiños en Ponte de Cans. Protestaban contra un imposto que consideraban inxusto e abusivo. Ducias de veciñas de Porto do Son e comarca asistiron ao acto convocado polo Bloque e en que, ademais de lembrar os feitos, se despregou unha pancarta cunha frase de Castelao: “Na nosa terra cumprirase a vontade dos mártires”.

Foi arredor desa idea do autor de Sempre en Galiza que xiraron as intervencións de Suárez, Torrado e Rego. Para rematar e ao son das gaitas, os asistentes depositaron flores no monolito que lembra os de Nebra.