A oposición critica o teito de gasto para os orzamentos de 2019

A oposición critica o teito de gasto para os orzamentos de 2019

Nin a En Marea, nin a PSdeG nin a BNG lle convence o teito de gasto anunciado pola Xunta para os orzamentos de 2019, que fixou nun máximo non financeiro de 9.850 millóns de euros, 350 millóns máis que o deste ano.  A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que o BNG vai votar en contra da propostas de teito de gasto por considerar que é insuficiente “para cubrir as necesidades en materia de servizos públicos, dependencia e creación de emprego”. Pontón denunciou, ademais, o “sen sentido” de que, dixo,  a capacidade de gasto de Galiza “se decida e centos de quilómetros en Madrid e Bruxelas” reducindo a mero “formalismo burocrático” un debate que debería ser chave para as contas de 2019.

Fernández Leiceaga (portavoz parlamentar do PSdeG) rexeitou o teito de gasto proposto pola Xunta por canto supón un “cheque en branco” para asumir unha reforma fiscal sen explicar a través dun “debate serio”.  Advertiu que a documentación achegada pola Xunta só ofrece unha “estimación parcial dos efectos” da dita reforma sen explicar que impostos quere modificar. Ademais, sinala, “anuncian unha redución de impostos, pero ao mesmo tempo incrementan un 33 por cento os ingresos financeiros, que inclúen tributos propios da Xunta”.

De por parte, Antón Sánchez, viceportavoz de En Marea, sinalou que “estamos ante unha aposta na restrición maior cando era momento de políticas expansivas para compensar os anos de recortes ". Acusou Feixoo de “querer ser o alumno máis avantaxado á hora de impoñer políticas que provocan sufrimento á xente e por iso  autoimponse máis restricións das que lle pon Europa e o Estado".



x