BNG pide que o reparto de fondos europeos para Galiza sexan xestionados desde o país

BNG pide que o reparto de fondos europeos para Galiza sexan xestionados desde o país

A portavoz nacional, Ana Pontón  e a eurodeputada, Ana Miranda piden á nova Ministra de Economía, Nadia Calviño que mude a súa “visión centralizadora” dos fondos europeos.


O BNG rexeita que o reparto dos fondos  correspondentes a Galiza  sexa competencia do Estado e reclama esta xestión para Galiza.  Unha aposta na que o nacionalismo quer situar a realidade demográfica galega, a  despoboación, a dispersión e a emigración como criterios para a distribución das partidas económicas da UE. A portavoz nacional, Ana Pontón e a eurodeputada, Ana Miranda valoraron esta sexta feira o borrador dos Fondos de cohesión  2021-2027. “O marco de financiamento até o 2017 influirá de maneira decisiva en sectores estratéxicos en Galiza como o agro e a pesca” e  noso país, dix Pontón, que ve con preocupación as prioridades dos estados europeos dentro do novo marco de financiamento que apostan claramente “polo incremento do gasto militar nun 22% fronte a redución de partidas de fondos de cohesión”.

Pontón recalcou que os criterios para repartir os fondos queda en man dos estados sen respectar as competencias en ámbitos exclusivos e volveu a reclamar que “Galiza xestione os fondos en agricultura e pesca” porque se a distribución a fai o Estado, “non será beneficiosa para o noso país”. Para a eurodeputada Ana Miranda, a proposta dos  fondos presentados por Junker o  pasado 29 de maio  manteñen un “carácter centralizador” e explicou que foron  programados pola actual ministra de Economía, Nadia Calviño. Miranda afirmou que o fondo Feader reducirá un terzo  da súa dotación, pasando a 21 mil millóns de euros cando contaba con máis de 70.000 o que afectará, dixo, moi negativamente ás explotacións agrarias e o desenvolvemento rural galego.



x