11 BNG, 9,PP, 4 PSOE E 1 CS

O BNG repite como a lista máis votada en Pontevedra

O BNG repite como a lista máis votada en Pontevedra
[Imaxe: SG] Lores, exercendo o seu voto
[Imaxe: SG] Lores, exercendo o seu voto  

Miguel Anxo Fernández Lores recuncará como alcalde de Pontevedra ao obter o BNG 11 actas, fronte ás nove do PP e as catro do PSOE e a acta de Ciudadanos. Perde a representación Marea Pontevedra.


O BNG continuará afianzando o seu premiado modelo de cidade en Pontevedra ao conseguir 11 actas, unha menos que en 2015, cando obtivera o 43,08% dos votos. Como segunda forza sitúase o PP, que sobe de sete a nove edís e do 27,1% ao 30% dos apoios.

O PSOE, pola súa banda, sobe dos tres aos catro edís e do 10,81% ao 14% das papeletas, e Ciudadanos mantén a súa acta cun 5,09% dos apoios.

Perde a representación a Marea de Pontevedra, que contaba con dous edís e o 8,14% dos votos (agora obtén o 3,5%).