Bruxelas avala o goberno español nas multas a emigrantes [email protected]

Bruxelas avala o goberno español nas multas a emigrantes [email protected]
Manifestación Emigrantes Retornad@s
Manifestación Emigrantes [email protected]  

A Comisión europea afirmou que non constitúe unha medida discriminatoria que a Facenda española sancione a milleiros de emigrantes [email protected] @s que reclama multas por non declarar as pensións percibidas do estranxeiro.  


A Unión Europea posicionouse a favor do Estado español. A través dunha pregunta formulada polo eurodeputado Iñaki Irazabalbeitia (ALE/Os Verdes) a Comisión europea afirma que "non supón, en principio, unha discriminación" e rexeitou adoptar medidas contra o goberno de Mariano Rajoy. 

No último ano milleiros de emigrantes [email protected] iniciaron unha mobilización continuada pola decisión de Facenda de multar @s [email protected] que perciben pensións doutro país. O colectivo de 'emigrantes [email protected]' --como se deu a coñecer-- abrangue 250.000 persoas que foron sancionadas pola Axencia Tributaria [email protected] de non tributaren. Neste senso, reclámanlles multas desde 2008 --ano en que se aplicou unha reforma lexislativa pola que se obriga a este tipo de pensións (superiores a 11.200 euros), que xa foron declaradas nos países de orixe, a tributar tamén no Estado español. 

Segundo a Comisión europea o dereito comunitario recoñece que se pode tributar polo mesmo en dous países, embora @s [email protected] non foran [email protected] nen tiveren constancia desta reclamación até o pasado ano. Mais Bruxelas apela á competencia dos Estados membros para fixaren a súa propia política fiscal para rexeitar adoptar medida algunha perante o que o colectivo de emigrantes [email protected] tilda como "fraude".