Bruxelas ve "indicios masivos" de se vulnerar a lei "a grande escala" coas preferentes

Bruxelas ve "indicios masivos" de se vulnerar a lei "a grande escala" coas preferentes
[Imaxe Ana Miranda]
[Imaxe Ana Miranda]  

A Comisión de peticións di que continuará a investigar o calote financeiro a instancias da denuncia presentada polas plataformas galegas através do BNG. 


Esta quinta feira (16 de abril) a Comisión de peticións do Parlamento europeo volveu debater sobre a fraude das participacións preferentes e subordinadas. Un calote que atinxe aínda a entre 10 mil e 15 mil familias en Galiza á espera de que se lles devolvan por volta de 110-150 millóns de euros. 

Através da europarlamentar do BNG, Ana Miranda, o pasado ano representantes das plataformas galegas de [email protected] presentaron unha denuncia na Eurocámara. Hoxe foron [email protected] na voz de dous dos seus portavoces, Xesús Domínguez e Xulio Vicente que exixiron ás autoridades comunitarias a "devolución dos aforros a todas as familias mais tamén a depuración de responsabilidades políticas e xudiciais polo acontecido. 

Queren, explicou Domínguez, "que os responsábeis desta estafa senten diante da xustiza, que se depuren responsabilidades políticas" por parte das administracións públicas mais tamén, que se diriman responsabilidades polas "sancións impostas" @s preferentistas ao longo destes anos de conflito. 

A Comisión continuará investigando

Pola súa banda, o voceiro da Comisión de peticións sinalou que continuarán a investigar o calote financeiro ao ser "consciente do problema" e da súa "magnitude" social por ter prexudicado a milleiros de persoas. "É un problema moi grave para os afectados e a sociedade en xeral que precisa atención e acción", sinalou. 

Neste senso, recoñeceu na súa intervanción a existencia de "indicios masivos" de se ter vulnerado no Estado español a lei "a grande escala" polo que continuará coas pescudas para determinar se se vulnerou a lexislación europea. Porén, sinalou que nos casos aínda pendentes de resolver non pode facer nada mais convidounos a "continuar indo aos tribunais e á arbitraxe" para "recuperar os seus dereitos alí".