CONFÍAN EN RECUPERAR OURENSE

Caballero e López chaman desde Ourense a votar polo PSOE e gañar á ultradereita

Caballero e López chaman desde Ourense a votar polo PSOE e gañar á ultradereita
Caballero, Villarino e López en Ourense [Imaxe: PSdeG]
Caballero, Villarino e López en Ourense [Imaxe: PSdeG]  

Gonzalo Caballero conversou esta mañá en Ourense co ex presidente do Congreso e ex lehendakari, Patxi López. Ambos chamaron a xuntar o voto no PSOE para evitar que a ultradereita teña forza no Parlamento Europeo.


Quen fora lehendakari e presidente do Congreso, Patxi López, visitou a cidade das Burgas xunto ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Ambos sinalaron que o grande reto das eleccións europeas do próximo 26 de maio está en vencer a ultradereita. Alertou López de que “por primeira vez  na historia, Europa terá que facer fronte a esa extrema dereita nacional, populista, xenófoba e racista, encarnada en figuras como Salvini, Orban, Abascal ou Le Pen” e engadiu que se están organizando para presentarse xuntos.

López acusou as formacións de ultradereita de querer destruír “os alicerces europeos”


O ex lehendakari e actual secretario de política federal do PSOE acusou as formacións de ultradereita de querer destruír “os alicerces europeos” e sinalou que “para facerlles fronte estamos os socialistas”. A ese respecto, engadiu que as prioridade do PSOE é “devolver a Europa os dereitos e liberdades, así como as oportunidades colectivas”. Afirmou tamén que a extrema dereita "vén precisamente a destruír os alicerces europeos". "

Nese mesmo sentido, Gonzalo Caballero acusou o Partido Popular de “seguir a estratexia do avestruz”, metáfora que empregou para criticar a Feixoo por “un día dicir que a que a ultradereita non vai entrar nos concellos e, o mesmo día, o secretario xeral do PPdeG, Tellado, asegurar que non descarta apoiarse en Vox para recuperar cidades".

Caballero alertou de que se ao PP “non lle dan as contas o 26M Fexoo, Tellado e o seu cinismo político abrazaranse coa ultradereita"

É por iso que Caballero alertou de que se ao PP “non lle dan as contas o 26M Fexoo, Tellado e o seu cinismo político abrazaranse coa ultradereita con tal de manter o poder custe o que custe". Engadiu o secretario xeral do PSdeG que “Feixoo está fóra de xogo, cada vez máis pequeno, máis asustado e máis descolocado” en alusión ás enquisas que lle prognostican unha enorme perda de poder en toda Galiza.

Os dirixentes do PSOE arrouparon nun pecorrido por Ourense o candidato á alcaldía da cidade, Rafael Rodríguez Villarino. Tirando de enquisas, Caballero tamén resaltou as posibilidades de conseguir a alcaldía da cidade das Burgas.