A Quintana ateigada

A Quintana ateigada
Ana Pontón, ao termo da súa intervención
Ana Pontón, ao termo da súa intervención  Foto: BNG

E aínda hai miles que tentan chegar a un dos espazos de maior potencia simbólica do nacionalismo galego.

 


Mais un ano, a marcha do BNG no Día da Patria foi o tránsito de miles de persoas, unha mesta rede humana desde a Alameda até a Quintana. Na cabeceira, unha faixa. "Unha idea clara, sumar por Galiza". A idea forza do BNG este 25 de xullo. Termaban dela a portavoz nacional, Ana Pontón, e integrantes da Executiva Nacional e o grupo parlamentar.

Hai bandeiras a eito, o acompañamento musical de rigor (gaitas e tambor) e os cánticos tradicionais de todo Día da Patria que se precie, "galegos somos/galegos seremos/por españois nunca pasaremos" e "quer queiran quer non, Galiza é unha nación", "Galiza ceibe, poder popular", "nas aulas da Galiza, en galego".