A MINISTRA DE ECONOMÍA DESEXA QUE A MOBILIZACIÓN DAS XERAIS SE REPITA O 26M

Caballero: "O PP vai usar os votos de Vox cando lle sirvan e renegará deles se non lle dan as contas"

Caballero: "O PP vai usar os votos de Vox cando lle sirvan e renegará deles se non lle dan as contas"
Calviño e Caballero, hoxe na Alameda de Compostela [Imaxe: PSdeG]
Calviño e Caballero, hoxe na Alameda de Compostela [Imaxe: PSdeG]  

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ironizou esta mañá en Compostela sobre o acto do PP no Pino "no que estiveron celebrando o seu éxito nas pasadas xerais". Canda a ministra de Economía e Empresa e os candidatos da comarca nos vindeiros comicios locais, o líder dos socialistas galegos apuntou que os "populares" seguen "coa estratexia da avestruz: agochar a cabeza para non asumir o seu erro e tentando dicir que queren virar ao centro". "Agora din", remarcou" que non queren estar na extrema dereita porque non lles dan os números" e puxo como exemplo Andalucía, onde "seguen gobernando cos votos de Vox sen ningunha rectificación".

Caballero reprobou así o "cinismo" do Partido Popular, do que, dixo, "vai usar os votos de Vox cando lle sirvan e renunciará se non lle dan as contas”, Por iso, advertiu,"non podemos esquecer os riscos" dos seus pactos.

Parabenizouse o máximo dirixente do PSdeG polo histórico triunfo do socialismo galego, que, lembrou,"por vez primeira nunhaseloeccións xerais acadou o primeiro posto na orde de preferencias dos galegos". "Ábrese un novo tempo político", manifestou. 

Pola súa banda, Nadia Calviño animou á militancia a activarse de cara ás municipais, xa que "son unhas eleccións moi importantes. España constrúese desde os Concellos e temos moi bos candidatos". "O máis importante", remarcou a ministra coruñesa, "é que a maioría social que se mobilizou nas xerais tamén o faga para conseguir a transformación a nivel municipal".