O DEPUTADO POR MURCIA TEODORO GARCÍA, SECRETARIO XERAL DO PP

Casado despréndese de Barreiro no Senado e de Hernando no Congreso

Casado despréndese de Barreiro no Senado e de Hernando no Congreso
O ex portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro. Foto: cedida.
O ex portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro. Foto: cedida.  

Pablo Casado, o novo presidente do PP estatal, comeza a perfilar a súa dirixencia. Unha das primeiras mudanzas é a de portavoz parlamentario: cae Rafael Hernando, ascende a ex ministra Dolors Montserrat.Tampouco sobrevive na portavocía do Senado o lucense José Manuel Barreiro, que apoiou Soraya Sáenz de Santamaría. No seu lugar entra Ignacio Cosidó.
 


A ex responsábel de Sanidade no Executivo de Raxoi foi unha das concesións de Casado a anterior secretaria xeral do partido e ex vicepresidenta María Dolores de Cospedal. Esta apoiouno despois de ficar relegada na fase de primarias do último congreso dos populares. O seu enfrontamento con Soraya Sáenz de Santamaría -a máis votada pola militancia dos seis candidatos iniciais- arrimouna inmediatamente á opción Casado.

A portavocía no Senado, ate agora en mans do lucense José Manuel Barreiro, pasará a Ignacio Cosidó. Barreiro, que no seu día se enfrontara a Feixóo polo control do PP galego, apoiou a Soraya Sáenz de Santamaría. Como fixo o PP provincial de Ourense. Tamén nesta ocasión se situaron no bando oposto ao do presidente da Xunta.

Outro dos postos chave dentro do organigrama do PP, o da secrrtaría xeral, será ocupado por Teodoro García Egea, parlamentario no Congreso por Murcia e encargado da campaña interna que levou Pablo Casado ao liderado da principal organización da dereita española. O considerado número 3 do partido, o vicesecretario de Organización, será Javier Maroto, un dos exemplos de políticos xenófobos colocados polo Consello de Europa en febreiro.