Causa Galiza acha ''lexítima'' quer a abstención quer o ''apoio pontual' á coligación BNG-Bildu

Causa Galiza acha ''lexítima'' quer a abstención quer o ''apoio pontual' á coligación BNG-Bildu
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza  

A organización independentista, porén, incide en que non é no eido electoral ''onde se xoga o futuro do país'' polo cal anima a ''traballar no día a día'' para impulsar un proceso de independencia.


Causa Galiza non concorre á cita das eleccións europeas do 25 de maio. Uns comicios, afirma a organización independentista, que como o resto das eleccións, non son o campo no que “se xoga o futuro do noso país”. Para Causa Galiza, non se debería outorgar á presenza na Eurocámara “un papel trascendental que non ten”. Facelo é,apunta, “inxenuidade” ou mesmo “falta de disposición para indentificar os problemas reais” de Galiza. “É, no mellor dos casos, unha caixa de resonancia das loitas e reivindicacións” que existen no país.

Ante as eleccións do 25M, Causa Galiza acha lexítimos “tanto o abstencionismo como o apoio puntual ácoligación Os Povos Deciden (BNG e EH Bildu como actores principais)”. En calquera caso, descartan apoios á 'esquerda española' que fixo parte da Transición e “hoxe disfrázase de opción rupturista”.

Democracia para Galiza

Para Causa Galiza unha verdadeira “democracia política e económica” para Galiza debería se asentar en tres “rupturas imprescindíbeis”: con España, coa Zona Euro e coa Unión Europea.

O traballo no día a día da militancia nacionalista e independentista é, sostén CG, o camiño para estender a toma de conciencia nacional, avanzar na autoorganización e partillar loitas e experiencias “para avanzar no proceso independentista”.



x