Causa Galiza anuncia accións penais contra medios que a vinculan con RG

Causa Galiza anuncia accións penais contra medios que a vinculan con RG
Día da Patria Galega 2018. Manifestación de Causa Galiza.
Día da Patria Galega 2018. Manifestación de Causa Galiza.  Foto: @GZcontrainfo

Denuncia “manipulacións” e mentiras coa finalidade de “satanizar” o independentismo.


Causa Galiza anuncia o inicio de accións penais contra La Voz de Galicia polas informacións aparecidas neste xornal sobre a organización independentista e que esta considera que a relaciona con Resistencia Galega. Indican que neste medio se cualificou a CG como “brazo político” dunha “suposta organizaçom armada” e recentemente cualificábaselle como “coluna vertebral” de RG. Algo que, indica CG nun comunicado, é un “fundamento incriminatório da acusaçom nulo”.

Lembra que a Audiencia Nacional após sustepder as actividades de Causa Galiza doce meses reirou esa medida, “e admitia que o seu trabalho político se desenvolvia e desenvolve no quadro da legalidade vigente embora o questionar”

Causa Galiza anuncia tamén a estensión destas accións a outros nmedios que no marco da ‘Operación Lusista’ manipulares imaxes e contidos coa fianldiade de “satanizar” o independentismo.