Cerna rexeita coincidir "con organizacións de dependencia española"

Cerna rexeita coincidir "con organizacións de dependencia española"
Membros de Cerna nunha foto de arquivo (Europa Press)
Membros de Cerna nunha foto de arquivo (Europa Press)  

Apelan a  un entendemento entre ANOVA, BNG, CxG, En Marea e a propia Cerna para apartar o PP do Goberno galego.


Nun comunicado emitido logo de celebrar este sábado 23 de novembro a súa asemblea, Cerna asegura que mudar a actual situación "non vai a ser a resultante dunha maioría nas institucións españolas dentro desta Constitución, senón unha cooperación intelixente entre todos os soberanistas".

Desde Cerna sinalan que "a estratexia de acumulacións de esforzos para unha hexemonía do galeguismo e soberanismo non deu os resultados agardados, polo que é precisa unha autocrítica de todas sobre o acontecido". Aseguran que o "experimento deu en pecharse cunha imposibilidade de coincidir na mesma organización soberanistas galegas e organizacións e persoas de dependencia española".

Cerna apela ás forzas nacionalistas galegas, citando a Anova, BNG, Compromiso por Galicia e En Marea, a que fagan unha "reflexión" e aposten polo "entendemento" diante dun Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.