CIG e BNG chaman a unha "grande mobilización social" contra as políticas do PP

CIG e BNG chaman a unha "grande mobilización social" contra as políticas do PP
Suso Seixo e Xavier Vence
Suso Seixo e Xavier Vence  SG

Ambas as dúas organizacións coincidiron en sinalara que urxe "un xiro radical" que tire a Galiza do "colapso económico, financeiro e social" en que a submeteron as políticas do Partido Popular. 

 


En comparecencia de imprensa após manteren unha xuntanza, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixeron un chamamento en prol da convocatoria dunha "grande mobilización social" que poña freo aos recortes implementados polo Partido Popular na Galiza e Madrid.

"Un proceso amplo de resposta", así o definiu o voceiro do Bloque quen aliás asegurou desde a organización frontista encetarán unha rolda de contactos con diversas organizacións políticas e sindicais para promover esa resposta popular ás políticas regresivas da dereita. 

O portavoz do BNG anunciou que encetarán contactos con outras organizacións sindicais mais tamén políticas á fin de artellar unha resposta popular ás políticas da dereita

Ambos os dous líders coincidiron en considerar as medidas aprobadas polos gobernos da Xunta e do Estado como "equivocadas" e "contrarias ao que hai que facer". Neste senso, urxiron a necesidade de "reorientar" de maneira "radical" a xestión da crise en aras de procurar unha saida "social e xusta" para á cidadanía. O secretario xeral da central sindical nacionalista asegurou que as políticas da dereita están a supor un importante "recorte de dereitos" para a clase traballadora cuxas condicións laborais están a deixar unha "caída importantísima" dos salarios e de empobrecimento para as maiorías sociais. 

Aliás, salientou o sindicalista, son as faixas de idade máis novas as que están a padecer unha maior precarización das condicións de traballo. Nesta orde de cousas, a CIG vén de convocar unha xornada de mobilizacións o vindeiro día 11 de abril para denunciar o último pacote de medidas aprobado polo executivo de Mariano Rajoy e que din, deixará á maior parte [email protected] [email protected] con contratos temporais e soldos inferiores aos 500€. 

Segundo o portavoz do Bloque, a realidade acual precisa ser mudada polo que chaman a artellar "unha resposta social" e masiva que faga coincidir ás centrais sindicais e as organizacións nacionalistas e de esquerdas á fin de loitar, aseguran, polo mantemento "das conquistas sociais" acadadas nas últimas décadas.