Cimeira en Madrid de candidaturas municipalistas

Cimeira en Madrid de candidaturas municipalistas
[Imaxe Ahora en Común]
[Imaxe Ahora en Común]  

Barcelona en comú, Ahora Madrid e tamén a Marea Atlántica debaterán sobre as súas propostas nun acto que terá lugar no Museo Reina Sofía. 


A capital española acollerá esta cuarta feira (6 de maio) un debate en forma de conversa entre distintas candidaturas municipalistas baixo o lega #AgoraEnComún. 

No acto, do que fará parte o candidato da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, contará coa participación de Ada Colau (Barcelona En Comú), Manuel Carmena (Ahora Madrid), Isabel Torralbo (Málaga Ahora), Pedro Santisteve (Zaragoza en Común) e Xavi Mantilla (Terrasa en Comú). 

Desenvolverase no Museo Reina Sofía , ás 19h, e visa presentar as propostas das distintas candidaturas de cara aos comicios de maio baixo a fórmula dun debate en conversa. 

No evento de convocatoria, que xa se move polas redes sociais, preséntanse como candidaturas cidadás que concorren por vez primeira ás eleccións e que, din, "queren participar dun proceso de cambio social e político, dunha auténtica revolución democrática que leva anos en marcha e que chega agora aos concellos".