Cimeira municipal do BNG para tecer unha estratexia contra as políticas anti-sociais do PP

Cimeira municipal do BNG para tecer unha estratexia contra as políticas anti-sociais do PP

Alcaldes e alcaldesas nacionalistas participarán nunha cimeira municipal (sexta feira 8 de novembro, 11 horas, Compostela, Nave de Vidán) para sumar experiencias e esforzos para activar estratexias contra as medidas anti-sociais dos gobernos central e autonómico. Tamén queren amosar que, malia crise, pode gobernarse doutra maneira.


A semana entrante, o BNG organiza unha xornada de política municipal coa presenza dos alcaldes e alcaldesas dos concellos gobernados pola fronte nacionalista. Unha cita importante e que ten como principal obxectivo, recoñecen desde a propia organización, “abordar a estratexia posta en marcha nos concellos gobernados polo Bloque Nacionalista Galego contra a política de recortes e subida de impostos regresivos do PP”.

A iniciativa de asumir o copagamento hospitalario para a súa veciñanza mostra que é posíbel, mesmo en plena crise, facer outras políticas

Unha estratexia que nestas últimas semanas tivo un exemplo na asunción do copagamento farmacéutico por unha lista crecente de Concellos, nunha iniciativa que naceu de gobernos municipais do BNG, nomeadamente Riotorto. Nesta cimeira hai, ademais, outro punto de importancia: analizar as consecuencias que a reforma local vai ter na prestación de servizos á cidadanía.

O BNG quer desmentir ante a cidadanía a falacia interesada de que "[email protected] son iguais"

Este cumio municipal estará presidido polo portavoz nacional, Xavier Vence, e contará coa presenza doutros membros da Executiva do BNG, como o portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, a secretaria de Política Municipal, Goretti Sanmartin, ou o secretario de organización, Bieito Lobeira. Terá lugar a vindeira sexta feira, 8 de novembro, na Nave de Vidán de Compostela.

“Onde o BNG goberna faise fronte aos recortes”

O BNG quer, empezando polos Concellos, evidenciar ante a cidadanía que onde ten capacidade de goberno “outra política é posíbel”. Botar abaixo a idea, interesadamente estendida, de que “[email protected] son iguais”.

"Non se pode castigar @s máis vulnerábeis coa desculpa da crise"

Nesta cimeira quérese artellar a capacidade, desde o eido municipal, de responder ás decisións e medidas regresivas do PP, que golpean os colectivos sociais máis vulnerábeis: [email protected], pensionistas, doentes crónicos, [email protected], persoas en risco de exclusión social, entre outros.

Ataque directo aos concellos para recortar servizos

Outra cuestión que se analizará nesta xornada son, indican desde o BNG, as consecuencias da Reforma Local impulsada desde Madrid. Unha reforma que “supón unha invasión sen precedentes das competencias municipais a favor das deputacións e deixará á veciñanza dos municipios de menos de 20.000 habitantes sen servizos que agora prestan os concellos”.

Entre os servizos afectados están desde a asistencia social a domicilio até as prestacións que dependen dos [email protected] sociais dos concellos, centros de día, políticas de dinamización de emprego, escolas infantís, comedores escolares ou as prestacións deportivas e culturais. A reforma local abre a porta a súa privatización.