Ciudadanos presidirá unha mesa do Parlamento andaluz no que Vox vai ter “voz e voto”

Ciudadanos presidirá unha mesa do Parlamento andaluz no que Vox vai ter “voz e voto”

O acordo co PP abre as portas a que a presidencia da Junta sexa para Juanma Moreno, do Partido Popular.


A presidencia da mesa do Parlamento andaluz para Ciudadanos, a da Junta de Andalucía para o PP. Eis o básico do acodo atinxido entre estas dúas formación esta cuarta feira e que reserva para Vox un posto na mesa parlamentar, “con voz e voto”, para alén do que se poida concretar un futuro goberno autonómico que está pendente de perfilarse.

Juan Marín, de Ciudadanos, dixo que a súa intención é que todos os grupos con representación estean na Mesa e que a súa proposta é que os 7 integrantes deste órgano se repartan do seguinte xeito: presidencia de Cs, 2 postos para PSOE, 2 para PP, 1 para Adelante Andalucía e 1 para Vox. A dereita, pois, tería a maioría: 4 fronte a 3.

O 16 de xaneiro decorrerá o debate de investidura e para entón coñecerase a composición do novo goberno andaluz, de dereitas, e o peso que cada unha das tres formación dereitistas que obtiveron representación nas urnas terá no mesmo.



x