Compostela acolle esta sexta feira a Homenaxe Nacional ao Che Guevara

Compostela acolle esta sexta feira a Homenaxe Nacional ao Che Guevara
Integrantes do Comité Nacional Che Guevara
Integrantes do Comité Nacional Che Guevara  

Pon o ramo a múltiples iniciativas desenvolvidas durante os últimos meses polo Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara.


Ernesto Guevara de la Serna foi asasinado a 9 de outubro de 1967, en Bolivia, nunha operación dirixida pola CIA. O revolucionario arxentino, ícone da revolución cubana, tiña apenas 39 anos. Con motivo do 50 aniversario da súa morte, un Comité Internacional de Conmemoración fixo un chamamento para en todo o planeta se realizaren actos de tributo á memoria e ao legado desta figura referencial das loitas anti-imperialistas. O apelo foi recollido na Galiza por distintas organizacións que deron en constituír un Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara. A entidade artellou nestes meses diversos eventos, basicamente palestras e debates, visando dar a coñecer os aspectos menos coñecidos da poliédrica personalidade -revolucionario, guerrilleiro, filósofo, poeta, economista- de Guevara.

 

O acto final de tributo ao Che vai ter como palco, esta sexta feira, o Teatro Principal de Compostela (20 horas). O evento será apresentado por Iria Sobrado e contará coas intervencións políticas do consul de Cuba José Antonio Solana e do economista e especialista na obra de Guevara Carlos Tablada. Haberá tamén espazo para a poesía -a cargo de Manolo Pipas e Farruco Sesto- e para a música -coas achegas de Roberto Sobredo, Mini e Mero e Orlis Pineda.

 



x