Compromiso reclama un trato igualitario para os produtores de pataca da Limia

Compromiso reclama un trato igualitario para os produtores de pataca da Limia

Os produtores galegos acusan a UE de actuar distintamente fronte á parasitose 


Compromiso por Galiza levará a Bruxelas dúas reivindicacións referentes á normativa do cepillado da pataca na zona da Limia. Os produtores galegos denuncian unha eiva en relación á acción da UE para frear a parasitose da pataca nos distintos países membros. Izaskun Bilbao, eurodeputada de CxG na Coalición por Europa, será a encargada de exercer como interlocutora na Eurocámara.

O partido, que vén mantendo conversacións con distintos produtores pataqueiros do país, critica tamén a paralización por parte da Xunta dun plan de regadío na zona, cofinanciado polos propios produtores. “Pedimos ao PP e ao Goberno da Xunta a activación dos fondos precisos de 20 millóns de Euros e axuda para o cambio de situación dos pozos”, reclaman desde o partido.