Compromiso por Galicia avalía elexir @ [email protected] á Xunta en primarias abertas á cidadanía

Compromiso por Galicia avalía elexir @ [email protected] á Xunta en primarias abertas á cidadanía
Foto: @Rafiklalin
Foto: @Rafiklalin  
A organización realizou en Compostela o seu primeiro Consello Nacional, órgano do que pasan a formar parte como novos membros Teresa Táboas e Pérez Bouza

Compromiso por Galicia celebrou este sábado en Compostela o seu primeiro Consello Nacional. Tras a integración dos tres colectivos que conforman CxG nunha mesma Executiva, as forzas continúan acoplándose coa entrada de Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas) e Acción Galega no Consello Nacional de Máis Galiza. Pasan a formar parte do organismo Pérez Bouza e Teresa Táboas, entre outros.

Para o portavoz de CxG, Xoán Bascuas, foi un día importante porque "o proceso de CxG dá un paso máis na súa construción. Esta primeira reunión do seu Consello Nacional tradúcese na consolidadión e no avance dunha proposta política moderna, progresista, asentada no país e orientada para o conxunto da súa cidadanía".

Primarias

Da man de Xulia Guntín, responsábel de alternativas políticas e programáticas o Consello escoitou a proposta da Executiva de regulamento electoral. Guntín defendeu un sistema de primarias abertas á cidadanía, sobre todo para o candidato á Xunta. Este posicionamento obedece "a reforzar a idea de radicalidade democrática coa que naceu o proxecto".

A secretaria de Organización, Sandra Araúxo destacou que "a aceptación social do proxecto é moi boa por todo o país" malia que engadiu que hai que facer un esforzo maior por "convidar a todos os colectivos: deportivos, veciñais..."