CRÍTICAS DA FORMACIÓN GALEGUISTA A EN MAREA

CxG traballa na reactivación de Galeusca e xestiona un encontro do PNV co comité de Navantia

CxG traballa na reactivación de Galeusca e xestiona un encontro do PNV co comité de Navantia
Un momento da comparecencia informativa
Un momento da comparecencia informativa  

A formación galeguista continúa a despregar a súa axenda de relacións exteriores. Deplora o que cualifica de ausencia de "voz propia" galega en Madrid e reforza a súa alianza co PNV.


O secretario xeral e o de Organización de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro e Orlando Villamayor, respectivamente, compareceron na sede da formación para dar conta dos contatos tidos en Euskadi por unha delegación do partido galeguista co PNV, o seu socio de referencia en Euskal Herria.

 

Piñeiro avanzou a intención de Compromiso de "traballar na reedición da esencia política de Galeusca", xa coa vista posta nas europeas de 2019. "Nese camiño coincide o PNV", dixo. A conversa coa outra pata do Galeusca, a catalá, estaría nunha fase máis embrionaria, confesou Piñeiro. "Estamos tamén mantendo conversas con forzas de Catalunya, pero isto esta máis verde e en estado inicial”, dixo.

 

Froito das conversas co PNV é a visita ao país nas próximas semanas do presidente da formación nacionalista vasca, Andoni Ortuzar. Nas conversas en Euskadi, CxG trasladou ao PNV reivindicacións galegas para seren tidas en conta por parte do grupo parlamentar jeltzale na inminente negociación dos orzamentos do Estado. "É unha pena que Galiza non teña unha voz propia en Madrid, o figurado grupo confederal de En Marea non traballa en clave galega, e non pon os problemas de Galiza no debate estatal”, afirmou na comparecencia informativa Juan Carlos Piñeiro.

 

O PNV comprometeu tamén con Compromiso unha entrevista de Ortuzar co comité de empresa de Navantia en Ferrol, coa carga do traballo do esteleiro como argumento.



x