PARLAMENTO

Común da Esquerda, o novo nome do grupo parlamentar de Unidas Podemos, EU e Anova

Común da Esquerda, o novo nome do grupo parlamentar de Unidas Podemos, EU e Anova
[Imaxe: Esquera Unida] Eva Solla e Manuel Lago, de Esquerda Unida.
[Imaxe: Esquera Unida] Eva Solla e Manuel Lago, de Esquerda Unida.  
Terá tres portavocías non rotatorias que ocuparán Manuel Lago (EU), Antón Sánchez (Anova) e Luca Chao (Podemos).

O grupo parlamentar de Unidas Podemos, EU e Anova anunciará na terza feira o nome do seu novo grupo: Común da Esquerda, segundo puido saber Sermos Galiza. Manuel Lago, Antón Sánchez e Luca Chao distribúense as portavocías, con diferentes cometidos e "non rotatorias", indican fontes do espazo. 

Lago (moi próximo a Yolanda Díaz) será o portavoz, Sánchez intervirá como portavoz nas preguntas ao presidente Feixoo, e Chao terá ao seu cargo a comunicación da xunta de portavoces e repartirase con Lago as roldas de prensa, empezando pola desta terza feira na que serán eles dous os que darán conta dos acordos aos que chegaron os diferentes partidos que fan parte do grupo.

Polo demais dentro do grupo, neste período de sesións producirase o relevo de Flora Miranda (Anova) por Xan Xove (Marea Atlántica), un sindicalista moi activo nas campañas de En Marea e de Xulio Ferreiro que foi como número 7 na lista das galegas pola circunscrición da Coruña. Parece que Juan Fajardo (EU) continuará nas responsabilidades de coordinador parlamentario, pero haberá cambios no persoal de confianza e podería entrar algún membro de Compostela Aberta.

O grupo seguirá contando cuns 120.000 euros de asignación anuais e uns 6.000 euros mensuais para a contratación de asesores. A perda de financiamento que representa a ruptura son uns 2.000 euros por escano (teñen catro menos), pero eran recursos que habitualmente quedaban a discreción de cada deputado ou deputada.