En Común-Unidas Podemos esixe prohibir a publicidade das casas de apostas

En Común-Unidas Podemos esixe prohibir a publicidade das casas de apostas
En Común-Unidas Podemos
En Común-Unidas Podemos  

Avogan por unha lexislación que “pare os pés ás empreas de xogos de azar” e alertan do incremento da ludopatía. 


Ante o incremento “dun problema social de primeira orde” como é a ludopatía, desde En Común-Unidas Podemos esixen prohibición da publicidade das casas de apostas e a suba dos impostos ás empresas multinacionais e fondos voitre.

Antón Gómez Reino, que encabeza a candidatura ao Congreso pola Coruña, denuncia que a ludopatía é “un problema que sofren moitas familias, que acaba coa súa economía e a súa forma de vida”. Polo que desde a coalición electoral consideran fundamental “pasar da acción lexislativa á acción de Goberno”

A deputada nesta lexislatura e candidata número un por Pontevdra, Yolanda Díaz, afirma que “a ludopatía non é ningún xogo, é unha enfermidade que está tendo unha incidencia social fortísima. Como tal, ten que ser tratada e previda con recursos públicos”.



x