O Concello da Coruña retira as imaxes dos alcaldes golpistas

O Concello da Coruña retira as imaxes dos alcaldes golpistas
[Imaxes Concello da Coruña]
[Imaxes Concello da Coruña]  

Trátase dos cadros de Fuciños Gayoso e Martín de Barbadillo, rexedores entre 1936 e 1937. 


De acordo coa recomendación da Comisión de persoas expertas constituída para asesorar o cumprimento da Lei de Recuperación da Memoria Histórica e coincidindo co 80 cabodano do golpe militar que desencadeou a Guerra Civil española (1936-1939), o Concello da Coruña vén de retirar as imaxes dos "rexedores golpistas" José Fuciños Gayoso e Hernán Martín de Barbadillo. 

José Fuciños Gayoso foi o primeiro rexedor da cidade após o golpe. Foi nomeado en substitución de Alfredo Suárez Ferrín, da Fronte Popular, que sería fusilado após o levantamento militar. Fuciños Gayoso participou de maneira activa na represión na cidade. 

En 1937 asumiu o cargo Hernán Martín de Barbadillo. Militar fiel ás tropas fascistas durante o golpe de estado. Sería sucedido en 1938 por outro militar, Juan González Regueral.