MEMORIA HISTÓRICA

O Concello de Ferrol aproba retirar os títulos honoríficos a Fraga

O Concello de Ferrol aproba retirar os títulos honoríficos a Fraga
Manuel Fraga e Francisco Franco
Manuel Fraga e Francisco Franco  

Fraga deixa de ser Fillo Adoptivo de Ferrol grazas á moción aprobada polo pleno do concello e que contou cos votos en contra do PP e dúas abstencións.


Triunfa en Ferrol a primeira moción pola que unha institución, tanto en Galiza como no Estado, retira a Manuel Fraga o título de Fillo Adoptivo.

A moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego contou co soporte do grupo de historiadores e historiadoras de Galiza que fixo público o seu apoio ao manifesto impulsado por ex presos políticos no franquismo. Este manifesto esixe que se retiren a Manuel Fraga os títulos de Fillo Adoptivo que aínda mantén en diversos concellos galegos.

A moción contou co apoio de 12 concelleiras e concelleiros,1 abstención e cos 11 votos en contra do Partido Popular, que aludiron que “Fraga foi presidente da Xunta moitos anos con maioría absoluta”.

Votaron a prol de retirar o título honorífico a Fraga o BNG (que presentou a moción), Ferrol en Común máis a concelleira que se desvinculou desta formación e o PSdeG, a excepción de Beatriz Sestaio que non acudiu ao pleno.

Segundo informou a Sermos Galiza Manuel Monge, representante do colectivo de presas, leu xunto Nicanor Acosta, tamén membro do grupo, o manifesto  en que se promovera a retirada dos honores a Manuel Fraga

Monge amósase satisfeito do grande avance que a aprobación desta moción representa porque, afirma, agora vai ser a quenda de moitos outros concellos como o da Coruña e Santiago, e anuncian que isto só é o inicio.

Manuel Monge cualifica de inconcibíbel que Fraga aínda teña títulos honoríficos xa que el mesmo se describira “como servidor do franquismo” e foi ministro dunha ditadura criminal, polo que Monge afirma que Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de Fillo Adoptivo.

Entre as persosas asinantes do manifesto ao que deron lectura no pleno están Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey, Sary Alabau...