“QUE ENCE NON CONTAMINA? LOADO SEXA DEUS!”

O Concello de Pontevedra lembra a Medio Ambiente que as competencias en depuración son da Xunta

O Concello de Pontevedra lembra a Medio Ambiente que as competencias en depuración son da Xunta

A conselleira Ángeles Vázquez defendeu que Ence non era responsábel da contaminación na Ría de Pontevedra e apuntaba o Concello pontevedrés e as depuradoras. O goberno local lémbralle á conselleira que a deputación é competencia da Xunta.


O goberno local de Pontevedra respondeu a Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, que defendeu este domingo que Ence non contamina a ría de Pontevedra e que por esa cuestión “habería que lle preguntar ao Concello de Pontevedra”. Reimundo González, polo executivo pontevedrés, tirou de ironía: “Que Ence non contamina? Loado sexa Deus!”, dixo, para a seguir inquerir se “toda esa cantidade de, con perdón, merda que hai aí [na Ría] non é contaminación? Apaga e vámonos”.

González lembrou á conselleira de Medio Ambiente que as competencias “en materia de contaminación” a respecto da depuradora de Praceres son do goberno do que ela fai parte, en concreto do departamento de Augas de Galiza.