O Congreso español expón unha Constitución do 78 con símbolos do franquismo

O Congreso español expón unha Constitución do 78 con símbolos do franquismo
Foto: @joninarritu
Foto: @joninarritu  

O deputado de Amaiur Jon Iñarritu denunciou que na tenda da Cámara baixa exponse un exemplar da 'Carta Magna' que ten lemas como “Una, Grande y Libre”.


O Congreso español expón na súa tenda un exemplar da Constitución Española de 1978 que contén símbolos e lemas franquistas. Así o denuncian no dixital vasco Naiz, que indica que mesmo nesa constitución aparece o lema “Una, Grande y Libre”, palabra de orde do franquismo, e a Águia de San Xoán, tamén moi usada no rexime ditatorial.

En 2010 o Parlamento europeo retirou un exemplar semellante exposto nas súas instalacións e que fora regalado polo Congreso español

Amaiur preguntou á Mesa do Congreso se ten coñecemento deste feito, así como que medidas pensa adoptar. A coalición da esquerda abertzale lembra que xa en 2010 o Parlamento europeo retirou un exemplar semellante exposto nas súas instalacións e que fora regalado polo Congreso español.



x